DOUS REPRESENTANTES DO CEIP BERGANTIÑOS VEÑEN DE GAÑAR O FESTIVAL DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA

MIGUEL PORTEIRO COTELO E ADRIÁN VARELA NIETO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP BERGANTIÑOS SON OS VENCEDORES DESTE CONCURSO ORGANIZADO POLA ASPG E CELEBRADO HOXE POLA MAÑÁ NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Nesta XI edición
MIGUEL PORTEIRO COTELO E
ADRIÁN VARELA NIETO de 3º B de primaria co monólogo titulado "
Con que os enganan de pequenos" acadaron o 1º premio a nivel galego, dotado con 250 euros para os alumnos e outros 250 euros para o colexio.
 |
| Os gañadores co seu cheque bancario |
O Concurso tivo lugar hoxe, 28 DE ABRIL no Teatro Principal , en Santiago de Compostela. Ata alí, viaxaron os nenos de 2º, 3º e 5º do C.E.I.P. Bergantiños para acompañar e dar ánimos aos compañeir@s que se presentaban:
- Sara Pose Rama, Valeria Ramos Busto, de 2º de primaria
- Gabriel Pablo Gundín santos, MIGUEL PORTEIRO COTELO E ADRIÁN VARELA NIETO de 3º de primaria
- Max souto Reino e Francisco Rey Pereira de 5º de primaria
A participación foi moi alta xa que ao longo da mañá poidemos escoitar a uns 26 participantes tanto a nivel individual como en grupo, que viñan de toda a xeografía galega. Así tivemos oportunidade de escoitar contos de Monforte de Lemos, de Pedrafita do Cebreiro, de Baio, de Ferrol, de Santiago de Compostela, de Mazaricos, de Frades, e tamén de Carballo. Ao final o xurado decidiu que o segundo premio viaxara a terras de Monforte de Lemos e o primeiro premio se quedara un ano máis en Carballo.
Hai que lembrar que o noso colexio xa gañou a IX edición deste concurso-Sergio Brandón Balsa,- co seu monólogo: O premio. E que o ano pasado o premio veu para o noso veciño CEIP FOGAR, tamén de Carballo. Polo que nestes tres últimos anos estamos tirando moi, moi ben da lingua en CARBALLO!!!!! E agardamos que anos vindeiros siga este traballo de todos en prol da lingua galega. Hai que destacar que é un concurso con moito mérito pois hai que estar diante dun auditorio e contar un conto ou un monólogo en galego. Todo isto consíguese grazas ao esforzo dos alumnos e alumnas por aprender o seu conto de memoria, ao esforzo dos mestres e mestras por crear, buscar, puír e adicarlle tempo a mellorar o texto e a técnica do alumnado e tamén ao esforzo dos país e nais que colaboran na casa, e que sempre están ao punto en todo o que se lles pide.
A finalidade do concurso é impulsar o uso da lingua galega entre a xente nova, e de verdade que no colexio Bergantiños hai unha boa canteira de contadores e contadoras como se demostrou no concurso celebrado no colexio a principios de mes .
 |
| Na cidade da cultura |
 |
| Pásamolo de medo polas cubertas |
 |
| Camiñamos polas rúas da cidade, e pasamos polos soportais |
 |
| Vimos as torres Hejduk e incluso se nos fixamos podemos ver a torre do aire( ao revés) no medio |
 |
| Visitamos a Sala do Camiño e vimos o cubo onde se gardan os proxectos da Cidade da Cultura |
 |
| Botamos un ollo ás maquetas |
 |
| Fixemos fotos na biblioteca |
 |
| Contemplamos as vistas desde as cubertas |
Pero isto non foi todo: aproveitamos a estancia para visitar a cidade da cultura e quedamos impresionados polo que nos contaron as guías. Paga a pena ir a vela! Vaia enxeño e imaxinación a de Peter Eisenman que quixo trasladar as rúas da cidade vella de Santiago ao Monte Gaiás. E que ben o conseguíu. Tamén nos detivemos nas torres Hejduk, que se asemellan ás torres da Catedral, na sala do camiño onde o chan era de cristal, na biblioteca que parecía un castelo medieval co seu foso, ca ponte levadiza,... E moito máis que nos fixo voar a imaxinación e pensar que en Galicia tamén temos moito do que sentirnos orgullosos.
Non todo foron actos culturais, tamén tivemos tempo para admirar a catedral, visitar a Alameda, comer no Parque de santo Domingo de Bonaval e despois recibimento de campións en Carballo. Non era para menos!!!
 |
| Xogamos na Alameda |
 |
| Percorremos o parque de Santo Domingo de Bonaval |
 |
| Admiramos unha vez máis a Catedral |
Por certo, os que queiran escoitar aos nosos protagonistas poderán facelo no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que se celebrará no vindeiro mes de maio no PAZO DA CULTURA en CARBALLO.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada