11.2.11

PROXECTO: PUNTO DE LECTURA


CO FIN DE PROMOVER A LECTURA EN GALEGO, NO CEIP BERGANTIÑOS VIMOS  DE POÑER EN MARCHA UN PROXECTO EN COLABORACIÓN CON VARIOS LOCAIS DE CARBALLO que consiste en ler libros en galego cando imos cos papás, mamás, avós, avoas,… a tomar un descanso a unha cafetería.



do mesmo xeito que os maiores poden ler o xornal, nós podemos atopar libros en galego para pasar un bo anaco. despois volvemos a colocalo no seu lugar e ata outro día.

Sempre que vexas o cartel que aparece máis abaixo poderás escoller entre varios títulos para desfrutar da lectura. 



Logo poderás anotar o teu nome, curso, e cole NO FINAL DO LIBRO  E ACADAR O CARNET DE LECTURA.

BUSCA OS PUNTOS DE LECTURA MÁIS PRÓXIMOS E PONTE A LER!!!
  • CAFETERÍA RANKI
  • CAFETERÍA PAZO DA CULTURA
  • CAFETERÍA DE MAR 
     Para poñer en marcha o proxecto preparamos unha caixas con diferentes títulos adapatados ás diferentes niveis de primaria. Cada caixa contén catro títulos moi atractivos para esas idades: Gerónimo Stilton, Tonecho de Rebordechao, O misterio dos fillos da lúa, Os Bolechas. Queredes ver como nos quedaron ao final?

Estes son algúns dos libros que poderedes atopar...

E aqui tedes a fotografía da CAFETERÍA DE MAR co PUNTO DE LECTURA

5 comentarios:

Equipo Apoio dijo...

Moi boa idea, que cunda o exemplo e se enrollen os locais de ocio en xeral.

A XANELA MÁXICA dijo...

Grazas compi! Esperemos que dé resultado. Xa iremos vendo!!

CEIP O CASTIÑEIRO dijo...

Parécenos xenial. Terémola en conta no noso cole.

CEIP O CASTIÑEIRO - LAZA (OURENSE)

A XANELA MÁXICA dijo...

Grazas polo voso comentario desde Laza! Xa vos contaremos que resultado nos dá!

CEIP O CASTIÑEIRO dijo...

Feito:

http://bibliotecaceipocastineiro.blogspot.com/2011/04/barchilas-viaxeiras-punto-de-lectura.html


Agora a esperar que funcione. Gracias pola idea.

CEIP O CASTIÑEIRO. LAZA (Ourense)