4.10.10

EMPEZAMOS DE MEDO!!!


Este curso a noso colexio estará poboado de bruxas, pantasmas, ogros e monstros de todo tipo. Con estes misteriosos e inquedantes personaxes dámoslle a benvida ao novo curso. Comezamos cunha exposición de seres que provocan medo dentro da nosa mitoloxía popular galega. Coñécelos??? Falamos do HOME DO SACO, do COCÓN, do SACAÚNTOS, da MEIGA DOS DENTES VERDES, do CHUPASANGUES, e moitos e moitos máis… Se queres coñecelos un pouco máis podes visitar a páxina de GALICIA ENCANTADA ou darte unha volta polo noso colexio. 

Estas son algunhas das actividades que imos desenvolver na escola.  En primaria  crearemos un Carnet de Identidade dos monstros. Botaremos a imaxinación a voar e faremos as nosas propias cartas  nas que os seres de medo amosarán os seus poderes máxicos, estudos,...





OUTRA ACTIVIDADE QUE SE VAI REALIZAR É O CADERNO DE SERES DE MEDO. CADA TITORÍA TERÁ QUE INVESTIGAR SOBRE UN DOS SERES DE MEDO.


AS IMAXES QUE APARECEN NESTE CADERNO TOMÁMOLAS DA PÁXINA GALICIA ENCANTADA E O SEU USO TEN UNHA FINALIDADE DIDÁCTICA

No hay comentarios: