6.3.10

EN TEMPO DE CRISE... AFORRO NO FOGAR

No CEIP Bergantiños imos aprender a facernos consumidores responsables.

Para ser consumidores responsables temos que ter en conta todas as repercusións:

• Sociais
• Ambientais e
• Económicas cando eliximos entre as opcións que nos ofrece o mercado.

Os cinco R do consumo responsable son:

• REDUCIR: mercar o necesario
RESPONSABILIZAR: debemos ter en conta ademais do prezo e a calidade o impacto ambiental e social.
• RECICLAR: separar e tirar ao colector que corresponda
• REUTILIZAR: non tires o que poida servir para outros usos.
• RECLAMAR: pregunta, infórmate, súmate ás campañas, fai que a túa voz se escoite e exerce os teus dereitos como persoa consumidora

Este curso imos aprender un pouco. mellor a ser :

CONSUMIDORES RESPONSABLES DE AUGA E ENERXÍA

BÓTALLE UN OLLO aos nosos consellos no documento que atoparás a continuación!


No hay comentarios: