28.3.10

CORRELINGUA 2010: 6ºA GAÑA O CONCURSO DE BANDA DESEÑADA DO CORRELINGUA!!!!!


CORRELINGUA 2010

GALEGO: A FORZA DO NOSO AMOR



O grupo de 6ºA do Colexio Bergantiños acaba de gañar o concurso de banda deseñada organizada polo CORRELINGUA. Os grupos de 6ºB e 6ºC tamén obtiveron unha mención especial do xurado.
A verdade é que levaban anos detrás deste premio e ao final obtiveron a súa recompensa. Os gañadores, xunto coa súa mestra, irán de viaxe convidados pola organización do CORRELINGUA.

 PARABÉNS!!!

Podedes ver a banda deseñada gañadora e as demais que se presentaron ao concurso no seguinte documento.



3 comentarios:

curuxa dijo...

Estupendo traballo! Un premio moi merecido. Parabéns!

BD BANDA dijo...

Desde a Asociación de Banda Deseñada BD BANDA queremos darvos os maiores parabéns a todas e todos e tamén ao centro polo alto nível de participación e a grande cualidade dos traballos apresentados.

Seguide así que aí tendes canteira!!!

BERGANARTE dijo...

Grazas polos vosos parabéns!!!
Seguiremos traballando...