20.5.09

TÍRALLE DA LINGUA 2009: Sergio Brandón e 5º B gañadores!!!!!!!!!!!!!!!

Os nen@s do Bergantiños arrasan no concurso organizado pola Asociación Socio- Pedagóxica Galega (AS-PG): TÍRALLE DA LINGUA.

Nesta VIIII edición Sergio Brandón Balsa e a súa clase de 5º B de primaria co conto titulado " O PREMIO" (nunca mellor dito)acadaron o 1º premio a nivel galego, dotado con 250 euros para os alumnos e outros 250 euros para o colexio. O Concurso tivo lugar hoxe, 20 de maio, no Teatro Principal , en Santiago de Compostela. Ata alí, viaxaron os nenos de 3º e 5º do C.E.I.P. Bergantiños para acompañar e dar ánimos aos compañeir@s que se presentaban: Fabiola Ramos de 3º de Primaria, Andrea Loureiro e Cristina Fuentes de 5º de Primaria e , como non, o noso gañador: Sergio Brandón Balsa, tamén de 5º de Primaria.

A finalidade do concurso é impulsar o uso oral do galego entre a xente nova, e de verdade que no colexio Bergantiños hai unha boa canteira de contadores e contadoras como se demostrou no concurso celebrado no colexio aló polo mes de marzo.

Pero isto non foi todo: como Bergantiños é terra de regueifas non podíamos marchar de Santiago sen dar boa mostra deste xénero tan popular na nosa terra. Tres alumn@s de 5º de Primaria: Pablo Mourelle, Alejandra Pombo e Jennifer Cambón deleitáronnos cunha regueifa mestras o xurado do concurso deliberaba.

Por certo, os que queiran escoitar aos nosos protagonistas poderán facelo mañá xoves pola tarde no colexio ( de 15.30 - 17.30)xa que actuarán como artistas convidados no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.

Queres ver a Sergio en acción? Mira este video!!!





Aquí tamén podes ver algunhas fotos da xornada!

No hay comentarios: