9.3.09

A pintura galega contemporánea





Este ano propuxémonos ensinarlle aos nenos a obra dos pintores galegos máis representativos, que gocen coa súa pintura e que vexan un novo xeito de contar a historia a través das liñas e das cores. Comezamos con un percorrido pola obra de Laxeiro, autor do que se acaba de cumprir o centenario do seu nacemento. Logo, pasamos revista a pintores representativos dos estilos máis característicos da pintura galega: Colmeiro, Seoane, Lugrís, Menchu Lamas, Castelao, Lloréns,… e rematamos coñecendo a obra dalgún pintor representativo da nosa zona, Carballo. Queremos achegarlle aos rapaces esas obras marabillosas da nosa cultura e que eles sexan partícipes e as desfruten por medio das propias adaptacións ou por medio das recreacións dos demáis

Proba a xogar coas seguintes actividades...

2 comentarios:

A Pescadora de Historias dijo...

Ola a todos e todas!
Tedes un blogue precioso e cheo de contidos interesantes, que iso é, a fin de contas, o que vale!!!
Veño do blogue "Unha biblioteca...tesouros" e quérovos dar as grazas, en nome do equipo da biblioteca por enlazarnos ao voso blogue. Tamén decirvos que o voso tamén estará entre os nosos favoritos.
Decides que estades empezando, pero vexo que o tedes todo precioso, de tódolos xeitos, nós estamos aquí para axudar , se é que en algo podemos, vale?
Bueno, a seguir así de ben.
Moitos biquiños!!
Cuchi
(Tamén temos un blogue da aula que comenzou en 2º e agora xa é de 3º, é da miña clase, por si lle queredes botar un ollo
http://aclasedesegundo.blogspot.com

ENDL CEIP BERGANTIÑOS dijo...

Ola! Perdoade por non responder antes. Non vin o comentario!!! Estamos empezando; non tiñamos nin idea do que era un blogue, pero pouco a pouco imos subindo cousas que facemos. Témosvos como mestres, que o saibades.
Aprendemos moitas cousas vendo o voso blogue. Seguímolo e gústanos moito.
Moitas grazas polas vosas palabras e aqui estamos para o que necesitedes.
Bicos
ENDL Bergantiños