2.12.09

SIIIIIIIIII......CONSEGUIMOS O PREMIO DE INNOVACIÓN



CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ


A Consellería de Educación premia os mellores proxectos de innovación en normalización lingüística


•Á convocatoria da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa presentáronse un total de 68 traballos, o que supón un aumento da participación do 340% respecto da media dos anos anteriores


•Debido ao número de proxectos e á súa calidade concedéronse sete premios e mais un total de catro accésits, de 3.000 e 1.000 euros cada un, respectivamente


• O fin destes premios é fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que favorezan a extensión do uso do galego


Os galardoados deste ano, un total de sete, foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentaron con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.

Debido á calidade e a cantidade de proxectos presentados este ano concedéronse un total de catro accésits, que foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.

Cada un dos sete premios contan cunha dotación económica de 3.000 euros, mentres que os accésits levan 1.000 euros cada un. O profesorado implicado na elaboración de todos os proxectos galardoados recibirá unha xornada de formación na que tamén poderá compartir as súas experiencias. Ademais, as experiencias dos proxectos premiados serán difundidas a través da rede e publicaranse os materiais educativos producidos no web de Política Lingüística, www.xunta.es/linguagalega, e no enderezo da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/portal.

Un aumento da participación do 340%
O número de proxectos presentados este ano foi de 68, o que supón un aumento da participación do 340% respecto da media dos anteriores cursos académicos, que era de 20 traballos. No que respecta ao nivel educativo, a participación é moito maior en centros de ensinanza infantil e primaria, dos que proceden 50 proxectos. Os 18 traballos restantes son de centros que imparten educación secundaria. Por provincias, en Pontevedra rexistrouse a maior participación, cun total de 32 proxectos, seguida da provincia da Coruña, con 24. Os proxectos procedentes da provincia de Lugo foron un total de 8, mentres que de Ourense presentaron 4 traballos.

Esta convocatoria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria constitúe unha iniciativa que busca fomentar o uso do galego oral tanto dentro coma fóra das aulas, así como o achegamento á realidade sociocultural de Galicia a través de proxectos educativos innovadores. Ademais, estes premios teñen o valor engadido de promoveren a utilización das novas tecnoloxías e a implicación de entidades culturais, asociativas, empresariais, recreativas e deportivas.

NORABOA A TODOS OS PREMIADOS!!!!!

15.11.09

Exposición fotográfica: CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ



Outra das actividades levadas a cabo polo ENDL é a organización dunha
exposición fotográfica

sobre distintos tipos de casas que podemos atopar en calquera punto de Galicia. Nós xa temos recollidas imaxes pero todos podedes participar facendonos chegar fotografías, recortes de revistas, postais,... de casas que chaman a atención por algún motivo.
Tedes no corredor de entrada unha caixa de correos onde podedes botar as vosas imaxes!!!

Esperamos a vosa participación, metras tanto podedes ir vendo...



CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ. UN PASEO POLA HISTORIA

Queres coñecer como vivían os nosos antepasados? Ao mellor queres saber como era a vida na época dos castelos? Non, non, igual queres saber cales son as novas tendencias na arquitectura actual? Ou,.. como serán as vivendas do futuro?
Ven de paseo connosco e aprenderás moitas cousas interesantes!!!



Podes visitar a nosa exposición xunto á biblioteca...

Samaín 2009!!!

Xa están aquí as fotos das cabazas máis arrepiantes!

30.10.09

Xa chega o SAMAÍN ao Bergantiños!!!

Esta semana imos celebrar o III concurso de cabazas CEIP BERGANTIÑOS. Ide preparando os aparellos e mans ás cabazas. Lembrade as normas do concurso e que haxa sorte. Díxome un paxariño que habería moitos agasallos.... Schhhhssssssssssssssss.


25.10.09

Sabela, a profe dos cogomelos

23.10.09

III CONCURSO DE CABAZAS: CEIP BERGANTIÑOS



BASES

  • PODERÁ PARTICIPAR TODO O ALUMNADO DO CENTRO CUNHA CABAZA POR ALUMNO/A.

  • SERÁ MOTIVO DE PENALIZACIÓN E NON ENTRARÁN NO CONCURSO:

  • AS CABAZAS MAL BALEIRADAS.

  • AS CABAZAS MÁIS GRANDES QUE UN BALÓN DE FÚTBOL.

  • ASCABAZAS QUE TRAIAN ADORNOS MOI APARATOSOS(que dobren o seu tamaño)

  • HABERÁ PREMIOS POR CICLOS PARA A ORIXINALIDADE E A LABORIOSIDADE.

  • TODOS OS PARTICIPANTES LEVARÁN UN AGASALLO DE RECORDO E UN DIPLOMA.

  • PRAZO DE RECEPCIÓN DE CABAZAS:

ÚNICO DÍA: 3 NOVEMBRO.

  • O VENRES 6 DE NOVEMBRO SERÁ A ENTREGA DE PREMIOS E DE CABAZAS.

22.10.09

Xa chega o SAMAÍN ao Bergantiños!!!



SAMAÍN Palabra gaélica, significa a fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Na noite do 31 de outubro convocaban a asamblea máis importante do ano que remataban cunha gran cea a base de carne de porco, castañas e hidromel. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Os nenos xogaban tales días coma estes coas cabazas poñéndolles pelo, e bigotes con barba de millo, antes de acenderlles as candeas.

Este costume coincide co americano Halloween e aínda co máis antigo celta Samaín ( festa dedicada a Samhain- deus dos mortos-). Durante a súa celebración os cranios dos inimigos brillaban na escuridade con candeas no seu interior. Colocábanse nos cruces de camiños e nos muros dos castros, co obxecto de arrepiaren aos inimigos).




Nos seguintes videos podes escoitar as cancións do grupo MAMACABRA sobre o SAMAÍN.


16.10.09

TEMPO DE OUTONO


Esta semana tivemos no colexio unha exposición ben interesante:

TEMPO DE OUTONO: OS COGOMELOS

Sabela, unha alumna de 6º curso trouxo unha mostra de diferentes tipos e fixo unha brillante exposición das características máis importantes de cada un. Despois na entrada do cole todo o mundo puido observar os cogomelos e as súas características nos paneis colocados a tal fin.

Esta claro que cada vez hai máis interese polos cogomelos e cada vez son máis as persoas que saen a collelos co grande risco de que alguén apañe e coma cogomelos tóxicos, ás veces por decoñecer ou desprezar as graves consecuencias dunha intoxicación, outras pola falta de experiencia para distinguir con toda seguridade os comestibles daqueles que non o son ou por confiar en falsas probas de que son comestibles.

O recoñecemento dos cogomelos é producto dun coidado e minucioso exame dos distintos exemplares, así como da experiencia acumulada despois de moitas saídas ao monte. Dado que o aspecto dun fungo pode variar por motivos moi variados como a choiva, o sol, a calor, é importante ter visto os mesmos cogomelos en distintas condicións para realizar unha precisa indentificación.

TES AS FOTOS E MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ARQUIVOS ...






7.10.09

CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ


No CEIP Bergantiños estamos preparando un especial sobre a vivenda. Precisamos da vosa colaboración para que nos mandedes fotografías de vivendas de calquera parte do mundo.
Comezaremos pola casa galega e pouco a pouco iremos ampliando a nosa visión áo resto do mundo mundial.